Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
Descargáde tódolos arquivos do traballo (xa que a maioría teredes Acrobat Reader, cólgovolos en .pdf, porque en Corel Draw habería máis problemas ). As camisetas de Cinemas da Lúa O cartaz de Somne en Cinemas da Lúa Como serían as entradas do cine? Unha carta de Cinemas da Lúa (Folla 1) As follas empregadas na empresa (Folla 2) Os sobres das cartas que envía a empresa A tarxeta do presidente e o tarxetón para felicitacións Este é un logotipo que lle entreguei onte ó mestre de Producción Publicitaria nos Medios Impresos. O traballo consistía en elaborar unha identidade corporativa gráfica, explicar a tipografía e a variedade cromátiva empregada e aplicar a diferentes soportes o logo. Esta ardua tarexa non sería posible sen a providencial axuda do meu grande amigo Denís, o cal lle agradezo moitísimo que gastara o seu tempo e a súa preocupación en botarme unha man para facer este traballo. Elixín unha sala de cines, por suposto, galega, que emprega coma logo a famosísima lúa dos irmáns Lumière dunha das primeiras películas da historia: Viaxe á lúa, de 1902. Gustaríame que deixarades a vosa opinión do logo, iso si, o mérito atribuidello a Denís que foi o que tiña maior idea de deseño ca min... |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras